12/28/2009

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

Tratamos de ofrecer nesta exposición unha pequena mostra dos tipos de construción da Galicia actual: vivenda tradicional, vivenda moderna.
  • Casas mariñeiras,
  • Casas de montaña,
  • Casas do interior,
  • Casas acaroadas,
  • Bloques de edificios,
  • Casas illadas
  • Casas de deseño,...







12/27/2009

CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ. UN PASEO POLA HISTORIA I

Neste documento poderás atopar a historia da evolución da vivenda en Galicia. Ademais desta presentación, no cole temos a posibilidade de pasear pola exposición e estudar como vivían os castrexos, os romanos, a xente da idade media, como serán as casas do futuro, etc...
Convidamoste a que des unha volta por ela!


CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ. FACEMOS CASTROS

Unha das actividades realizadas no CEIP Bergantiños foi a creación de castros usando diferentes materiais.
Podedes ver nas imaxes as vivendas feitas polo alumnado de 4º de Primaria
Están construídas con azúcar, cartolina, cartón,...




O alumnado do terceiro ciclo fixo unhas auténticas réplicas utilizando pedra e palla. Como podedes ver nas imaxes son uns auténticos artistas!